Federación Galega de Baile Deportivo

Especialidades

Bailes Latinos

Bailes Standard

10 bailes

Danza Coreográfica

Single

Bailes Caribeños

Hip Hop

Breaking

Outras disciplinas

Federación Galega de Baile deportivo

A Federación Galega de Baile Deportivo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do baile deportivo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos. 

A Federación Galega de Baile Deportivo tamén está integrada dentro da Federación Española de Baile Deportivo (FEBD) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular.

Dende a súa creación, o 8 de xuño de 2022, a fgbd traballa con unha visión centrada na excelencia, busca impulsar o talento galego no ámbito nacional e internacional, asegurando que os valores do esforzo, a disciplina e a paixón que caracterizan este deporte sexan recoñecidos e respetados.

Email

fgbailedeportivo@gmail.com

DIRECCIÓN

Ligas adxuntas

Colabora

Novas

TRIPLO OURO PARA GALICIA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE HIP HOP

TRIPLO OURO PARA GALICIA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE HIP HOP

OS EQUIPOS GALEGOS VOLVÍAN CON 3 OUROS DO EUROPEO DE HIP HOP Os equipos galegos acadaron destacados resultados no Campionato de Europa de Hip Hop, confirmando o alto nivel da danza urbana na comunidade. Na categoría youth, o equipo Flowboretas proclamouse campión de...