GRAN ÉXITO DA SEGUNDA ETAPA DA LIGA DE HIP HOP XUNTA DE GALICIA

O pasado 21 de marzo, a localidade de Fene converteuse nun dos principais puntos de encontro do hip hop galego coa celebración da segunda etapa da Liga Xunta de Galicia 2026, na que participaron un total de 630 deportistas.
A xornada estivo marcada pola intensidade das actuacións e pola variedade de propostas coreográficas, nas que os grupos demostraron o seu estilo, coordinación e personalidade sobre a pista. O nivel exhibido ao longo da competición puxo de manifesto o crecemento desta disciplina en Galicia.
O pavillón contou cunha notable presenza de público, que non deixou de apoiar aos participantes, contribuíndo a crear unha atmosfera chea de enerxía e implicación.
Esta segunda cita da Liga reafirma o éxito desta competición dentro do calendario autonómico, servindo como escaparate do talento e do traballo dos bailaríns galegos.
