O EQUIPO GALEGO REGRESA DE CAMBRILS CON UN 5º POSTO

O equipo galego participou no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Danza Deportiva, celebrado en Cambrils, onde acadou unha destacada quinta posición.
O equipo estivo formada por deportistas de diferentes categorías e modalidades, que representaron á comunidade nunha competición de alto nivel, na que se deron cita algunhas das mellores seleccións autonómicas do panorama nacional.
Ao longo da xornada, os representantes galegos amosaron o seu nivel técnico e compromiso, contribuíndo a este resultado que sitúa a Galicia entre as cinco mellores seleccións do campionato.
Durante a competición, a expedición galega estivo acompañada pola presidenta da Federación, Graciela Toba, que quixo apoiar aos deportistas nesta importante cita do calendario.
O resultado acadado pon en valor o esforzo conxunto de deportistas, clubs e equipo técnico, consolidando a presenza de Galicia nas principais competicións do calendario nacional.