Bailes Caribeños

Os Bailes Caribeños son unha modalidade que combina ritmo, enerxía e expresión, con raíces na música e a cultura do Caribe. Caracterízase pola súa gran conexión ca música, a fluidez dos movementos e a improvisación controlada dentro dunha estrutura careográfica.
Conta con 4 ritmos diferenciados, cada un dos seguintes bailes pode executarse en distintas modalidades:

SALSA ON2

Con unha estrutura lineal, con énfasis na técnica e a elegancia, bailando en ‘’break on2’’

BACHATA

Caracterizada por ser un baile sensual e romántico, con movementos de cadera marcados, desprazamentos suaves e énfasis na interpretación musical.

MERENGUE

Orixinario da República Dominicana. Un baile alegre e accesible, cun ritmo constante bailado en un compás 2/4.
.

SALSA ON1

Bailada nun estilo circular, con movementos fluidos e xiros continuos; composta por figuras dinámicas e cambios de dirección.

Formatos de competición dentro da especialidade de Bailes Caribeños:

  • Bailes Caribeños parexa: Salsa On2, Merengue, Bachata, Salsa On1, ejecutados en parexa
  • Salsa Shine: composición de salsa bailada en posición aberta ou lateral, executada de forma individual ou dúo.
  • Bachata Shine: composición de bachata bailada en posición aberta ou lateral, executada de forma individual ou dúo.
  • Show Case Salsa: composición de salsa executada individualmente, parexa ou grupo, coa súa propia música.
  • Show Case Bachata: composición de bachata executada individualmente, en parexa ou grupo, coa súa propia música.
  • Caribbean Show Dance: composición dunha coreografía basada nos Bailes Caribeños. e executada de forma individual, dúo ou grupo acompañada  sempre dunha temática. Usan a sua propia música e poden levar escenografía.
  • Rueda: composición dunha coreografía de salsa executada por unha formación.

Selección Galega

NOVAS

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA DOBRE CITA DO BAILE DEPORTIVO CELEBRADA EN TUI

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA DOBRE CITA DO BAILE DEPORTIVO CELEBRADA EN TUI

O municipio pontevedrés reuniu durante dúas xornadas a centos de deportistas nas disciplinas de bailes latinos, estándar, caribeños, danza coreográfica, single e hip hop, culminando coa proclamación dos novos campións galegos da Liga Xunta de Galicia de Hip Hop. A...