SANTIAGO ACOLLERÁ UNHA XORNADA DE FORMACIÓN ORGANIZADA POLA FEDERACIÓN GALEGA
A Federación Galega de Baile Deportivo organizará o vindeiro 18 de abril unha xornada de tecnificación en bailes caribeños, que terá lugar en Santiago de Compostela.
A actividade estará dirixida por os técnicos Simone Sanfilippo e Gerardo Mauta,uns referentes nos bailes caribeños que se desplazarán dende Italia para compartir os seus coñecementos con todos os deportistas galegos. A xornada estará enfocada á mellora técnica dos deportistas nesta disciplina, combinando traballo práctico e formación específica.
A xornada dará comezo ás 10:00 horas co check-in dos participantes, continuando coa presentación e dúas sesións de tecnificación centradas nos bailes caribeños, cunha pausa intermedia.
Esta iniciativa enmárcase dentro das accións da Federación para promover a formación continua e o perfeccionamento técnico dos deportistas galegos.
