Bailes Caribeños
Os Bailes Caribeños son unha modalidade que combina ritmo, enerxía e expresión, con raíces na música e a cultura do Caribe. Caracterízase pola súa gran conexión ca música, a fluidez dos movementos e a improvisación controlada dentro dunha estrutura careográfica.
Conta con 4 ritmos diferenciados, cada un dos seguintes bailes pode executarse en distintas modalidades:
SALSA ON2
Con unha estrutura lineal, con énfasis na técnica e a elegancia, bailando en ‘’break on2’’
BACHATA
Caracterizada por ser un baile sensual e romántico, con movementos de cadera marcados, desprazamentos suaves e énfasis na interpretación musical.
MERENGUE
Orixinario da República Dominicana. Un baile alegre e accesible, cun ritmo constante bailado en un compás 2/4.
.
SALSA ON1
Bailada nun estilo circular, con movementos fluidos e xiros continuos; composta por figuras dinámicas e cambios de dirección.
Formatos de competición dentro da especialidade de Bailes Caribeños:
- Bailes Caribeños parexa: Salsa On2, Merengue, Bachata, Salsa On1, ejecutados en parexa
- Salsa Shine: composición de salsa bailada en posición aberta ou lateral, executada de forma individual ou dúo.
- Bachata Shine: composición de bachata bailada en posición aberta ou lateral, executada de forma individual ou dúo.
- Show Case Salsa: composición de salsa executada individualmente, parexa ou grupo, coa súa propia música.
- Show Case Bachata: composición de bachata executada individualmente, en parexa ou grupo, coa súa propia música.
- Caribbean Show Dance: composición dunha coreografía basada nos Bailes Caribeños. e executada de forma individual, dúo ou grupo acompañada sempre dunha temática. Usan a sua propia música e poden levar escenografía.
- Rueda: composición dunha coreografía de salsa executada por unha formación.
REGULAMENTOS
Selección Galega
NOVAS
SANTIAGO ACOLLERÁ UNHA NOVA XORNADA TÉCNICA DE BAILES CARIBEÑOS
A Federación Galega de Baile Deportivo organizará o vindeiro 30 de maio unha nova xornada de tecnificación centrada na modalidade de bailes caribeños, continuando así coa súa aposta pola formación e mellora técnica dos deportistas galegos. A actividade terá lugar na...
NOVA XORNADA DE FORMACIÓN EN BAILES CARIBEÑOS PARA OS DEPORTISTAS GALEGOS
SANTIAGO ACOLLERÁ UNHA XORNADA DE FORMACIÓN ORGANIZADA POLA FEDERACIÓN GALEGA A Federación Galega de Baile Deportivo organizará o vindeiro 18 de abril unha xornada de tecnificación en bailes caribeños, que terá lugar en Santiago de Compostela. A actividade estará...
FENE ACOLLE UNHA INTENSA XORNADA DE DANZA DEPORTIVA CON 320 PARTICIPANTES
O pavillón de Fene converteuse o pasado 22 de marzo no epicentro da danza deportiva galega cunha competición que reuniu a 320 participantes nas modalidades de standard, latinos e caribeños. Ao longo da xornada sucedéronse as actuacións de parellas e grupos, ofrecendo...
MARÍN REÚNE A MÁIS DE 200 PARTICIPANTES NUNHA XORNADA DE BAILE DEPORTIVO
A localidade de Marín acolleu o pasado 2 de marzo unha competición de danza deportiva nas modalidades de standard, latinos e caribeños, que reuniu a un total de 201 participantes. A xornada desenvolveuse cun gran ambiente no pavillón, onde deportistas de diferentes...