
A representación galega acadou destacados resultados no Campionato de España Standard, cunha actuación sólida en diferentes categorías.
O resultado máis salientable chegou na categoría júnior II, onde Raúl Romero e Serena Díaz lograron un excelente segundo posto, subindo ao podio nunha competición de alto nivel.
Na categoría youth, Manuel Barreiro e Alba Falcón finalizaron na undécima posición, mentres que en adulto, Josu Arnoso e Noelia Rey acadaron o décimo posto e Andrés Parga e Laura Marcote remataron na undécima posición.
En senior III, Ángel Álvaro e Ana López conseguiron a sexta posición, e en senior V, Román Lago e Rosa acadaron un meritorio quinto posto.
Estes resultados reflicten o nivel competitivo dos deportistas galegos e o traballo desenvolvido polos clubs e técnicos na preparación destas competicións.




