A CITA REUNIU A NUMEROSOS DEPORTISTAS E DEIXOU UN ALTO NIVEL NAS DISTINTAS CATEGORÍAS
A localidade de Narón foi escenario do Campionato Galego de Latinos 2026, reunindo a deportistas de diferentes categorías tanto na modalidade de solo como en parella, dentro dunha xornada marcada polo alto nivel competitivo.
Na modalidade de latinos solo, proclamáronse campións galegos:
Carla Gómez (xuvenil I), Sofía Mellado (xuvenil II), Claudia Méndez (júnior I), Ako Claudia Rodríguez (júnior II), Julia Fuenteluz (youth), Alba Mourelle (adulto) e Pilar Sánchez (senior).
En parellas, os títulos foron para:
Lucas Seoane e Lara Prados (xuvenil I), Manuel Prado e Almudena Prado (xuvenil II), Manuel Ureña e Carla Fontán (júnior I), Raúl Romero e Serena Díaz (júnior II), Manuel Barreiro e Alba Falcón (youth), David Vigo e Marta Castaño (adulto I), Marcos García e Ángela Méndez (adulto II), Ismael Pardo e Lucía Fernández (senior I), Pablo Chao e Nuria Saco (senior II), Óscar Arroyo e María Belén Pedreira (senior III), Fernando Caneiro e Ana María Bellón (senior IV) e Román Lago e Rosa Bea Vieites (senior V).
No seguinte link pódense ver os resultados: PINGUI RESULTS SERVICE
A competición desenvolveuse cun gran ambiente e cun elevado nivel técnico, consolidando esta cita como unha das máis destacadas do calendario autonómico de baile deportivo.



