GRANDES RESULTADOS DOS DEPORTISTAS GALEGOS

A localidade de O Porriño acolleu na xornada de onte o Campionato Galego de Standard 2026, reunindo a deportistas de diferentes categorías nas modalidades de solo e parella, ambas incluídas dentro da disciplina de standard.
Na competición de standard solo, proclamáronse campións galegos Zaida Marina Rodríguez (xuvenil II), Paula García (júnior I), Ako Claudia Rodríguez (júnior II), Ashley Sánchez (youth), Alba Mourelle (adulto) e Pilar Sánchez (senior).
En parellas, os títulos foron para Lucas Seoane e Lara Prados (xuvenil I), Manuel Prado e Almudena Prado (xuvenil II), Manuel Ureña e Carla Fontán (júnior I), Raúl Romero e Serena Díaz (júnior II), Manuel Barreiro e Alba Falcón (youth), Josu Arnoso e Noelia Rey (adulto I), Ángel Álvaro e Ana María López (senior III), Manel Fernández e María Martínez (senior IV) e Román Lago e Rosa Bea Vieites (senior V).
A xornada contou coa presenza da presidenta da Federación Galega, Graciela Toba, quen acompañou aos deportistas durante toda a competición e foi a encargada de facer entrega das medallas aos participantes.
O campionato desenvolveuse nun ambiente de gran participación e cun alto nivel competitivo, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario autonómico.
Podes consultar os resultados no seguinte enlace: https://results.pingui.es/events.php?pod_id=235