Federación Galega de Baile Deportivo
Especialidades
Bailes Latinos
Bailes Standard
10 bailes
Danza Coreográfica
Single
Bailes Caribeños
Hip Hop
Breaking
Outras disciplinas
Federación Galega de Baile deportivo
A Federación Galega de Baile Deportivo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do baile deportivo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos.
A Federación Galega de Baile Deportivo tamén está integrada dentro da Federación Española de Baile Deportivo (FEBD) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular.
Dende a súa creación, o 8 de xuño de 2022, a fgbd traballa con unha visión centrada na excelencia, busca impulsar o talento galego no ámbito nacional e internacional, asegurando que os valores do esforzo, a disciplina e a paixón que caracterizan este deporte sexan recoñecidos e respetados.
fgbailedeportivo@gmail.com
DIRECCIÓN
Novas
NARÓN,EPICENTRO DO BAILE DEPORTIVO CO CAMPIONATO GALEGO DE LATINOS 2026
A CITA REUNIU A NUMEROSOS DEPORTISTAS E DEIXOU UN ALTO NIVEL NAS DISTINTAS CATEGORÍAS A localidade de Narón foi escenario do Campionato Galego de Latinos 2026, reunindo a deportistas de diferentes categorías tanto na modalidade de solo como en parella, dentro dunha...
NARÓN ACOLLE A TERCEIRA ETAPA DA LIGA XUNTA DE GALICIA DE HIP HOP
O pavillón de Narón foi escenario o pasado sábado 25 da terceira etapa da Liga Xunta de Galicia de Hip Hop, reunindo a numerosos equipos e deportistas nunha xornada marcada pola intensidade e o espectáculo. Ao longo do día sucedéronse as actuacións das distintas...
O PORRIÑO ACOLLE O CAMPIONATO GALEGO DE STANDARD 2026
GRANDES RESULTADOS DOS DEPORTISTAS GALEGOS A localidade de O Porriño acolleu na xornada de onte o Campionato Galego de Standard 2026, reunindo a deportistas de diferentes categorías nas modalidades de solo e parella, ambas incluídas dentro da disciplina de standard....
TRIPLO OURO PARA GALICIA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE HIP HOP
OS EQUIPOS GALEGOS VOLVÍAN CON 3 OUROS DO EUROPEO DE HIP HOP Os equipos galegos acadaron destacados resultados no Campionato de Europa de Hip Hop, confirmando o alto nivel da danza urbana na comunidade. Na categoría youth, o equipo Flowboretas proclamouse campión de...









