GALICIA VOLVÍA DE GRECIA CON UNHA PRATA

Os días 3 e 4 de abril, Galicia estivo representada no Campionato de Europa de Danza Coreográfica, celebrado en Grecia, cunha destacada participación dos equipos do club CBD Narón.
Na categoría adulto, o equipo Narón Kids acadou un excelente segundo posto, subindo ao podio nunha competición de alto nivel internacional. Pola súa banda, en youth, o equipo Narón Girls finalizou na décimo terceira posición, competindo fronte a conxuntos de gran nivel procedentes de distintos países.
A participación galega nesta cita europea volve poñer de manifesto o nivel e a proxección dos equipos da comunidade no ámbito da danza coreográfica.
