OS EQUIPOS GALEGOS VOLVÍAN CON 3 OUROS DO EUROPEO DE HIP HOP

Os equipos galegos acadaron destacados resultados no Campionato de Europa de Hip Hop, confirmando o alto nivel da danza urbana na comunidade.
Na categoría youth, o equipo Flowboretas proclamouse campión de Europa, ao igual que Grow as Ohana en adulto e Da Family na categoría megateam, sumando tres títulos continentais para Galicia.
Ademais, o equipo We Block logrou un meritorio terceiro posto en adulto, mentres que Get Dawn acadou a cuarta posición en categoría júnior, completando unha actuación moi destacada do conxunto galego.
Estes resultados consolidan a Galicia como unha das referencias do hip hop a nivel europeo, grazas ao traballo dos deportistas, clubs e técnicos.